Saltar ao contido principal

RETENCIÓN PAGA EXTRA E BAIXAS ENFERMIDADE (ILT)

   Postos en comunicación co Subdirectora Xeral de Xustiza, pola mesma se nos comunica, con todas as cautelas e se non hai orde en contrario á volta de setembro que, en principio, tanto no tema da retención da paga extra de nadal na nómina mensual, como no tema das baixas por enfermidade, seguirase aplicando o establecido na LOPX ata a súa modificación (probablemente antes de final de ano).
   No caso da paga extra, dado que entenden que, dun xeito ou outro, nola van a quitar este ano,  xa procederon este mes a variar as retencións por IRPF, baixando as porcentaxes correspondentes, pero non deron instrucións ningunha de proceder á retención mensual. Isto non quere dicir que, se finalmente se produce a dedución mensual da extra ou en decembro a dedución total, no momento no que teñamos a primeira nómina na que varíe o soldo, vexamos as posibilidades de recurrila, ben polos efectos retroactivos, ben pola desigualdade co resto de funcionarios públicos, ben porque a LOPX ainda non teña sido modificada. En tanto en canto non se teña a nómina, non se pode recorrer nada e é mellor non realizar nese senso ningunha petición que abra a vía administrativa e poida producir unha perda do dereito ao recurso contencioso-administrativo.
   En canto á baixa por enfermidade común, como xa se dixo, de momento non hai instruccións de variar o criterio fixado por aplicación do noso estatuto xurídico (LOPX), polo que seguimos a manter o "statu quo" e o 100% das retribucións dende o primeiro día.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

INAUDITO, HORAS EXTRA NA ADMÓN. DE XUSTIZA. CHEGARON AS PEONADAS Á ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA A TRAVÉS DOS PLANS DE ACTUACIÓN.

Ponse á disposición do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia o modelo de solicitude para o caso de que desexe participar no plan de recuperación do traballo previsto na cláusula 8ª do Acordo de 23/05/2018 O número de horas e número de días á semana de duración do plan axustarase en función da carga de traballo nos distintos centros de traballo e do número de solicitantes. O importe da hora extraordinaria correspondente a cada corpo é o seguinte: (A2-Corpo Xestión): 29,97 €, (C1-Corpo Tramitación): 22,66 €; (C2-Corpo Auxilio): 17,03 €. A dita solicitude deberá remitirse ao enderezo electrónico que figura no propio impreso antes das 14:00 horas do vindeiro  xoves 7  xuño de 2018, poñendo como nome do arquivo ApelidosNome_DNI_Participacion_PR, é dicir, no nome do arquivo da solicitude deben de firgurar os apelidos, nome e dni do interesado no formato indicado. O persoal que non poda realizar a solicitude por estar de vacacións, permisos ou licenzas, poderá…

CCOO PIDE MÁIS CARTOS EN TERRITORIO MINISTERIO DO QUE ASINOU EN GALIZA

Curiosamente, o sindicato CCOO solicita á nova Ministra de Xustiza que no territorio ministerio suba o complemento específico (en Galiza chamado CAT)  a non menos de 300€/mes, e fai uns días os seus responsables en Galiza, tras unha folga de máis de 3 meses, asinaron coa Xunta un acordo por menos da metade. A ver se algún d@s traballador@s galegos o entende e lle pide explicacións.
Ligazón:
http://www.ccoojusticia.com/2018/06/ccoo-presenta-la-nueva-ministra-las.html

CURSOS OBRIGATORIOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS

A Inspección de Traballo da Coruña requiriu da Xunta de Galicia que se garanta que todas/os as/os funcionarias/os reciban formación en materia de prevención de riscos laborais, de conformidade co establecido no artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de Riscos Laborais. Esta formación ten, polo tanto, carácter obrigatorio para o persoal. Esta segunda convocatoria, que sairá previsiblemente publicada no DOG do día 14/11/2018, vai dirixida aos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo e Ourense. 

Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1Fesev_W7lMpk7MwAtIU1SBIwsSLIugI7/view?usp=sharing