Saltar ao contido principal

A PRIMEIRA MEDIDA DESPOIS DE GAÑAR: CONTROL HORARIO!!!

   A partir do próximo 1 de novembro porase en funcionamento o novo sistema de control horario de fichaxe na terminal informática (PC) do posto de traballo, a través da tarxeta corporativa de identificación persoal.
   Os primeiros órganos onde se habilitará o dito sistema serán os xulgados do social e o xulgado de primeira instancia nº3 (con funcións de rexistro civil), ambos da cidade de Santiago de Compostela. Unha vez comprobada nestas unidades a correcta xestión das marcaxes e o posterior procesamento dos datos, o sistema iráse estendendo de forma gradual ao resto de órganos da Administración de xustiza (xulgados, fiscalías e subdireccións do IMELGA), existindo a previsión de que a final de ano o proceso estea rematado.
   Os funcionarios dos órganos onde quede habilitado o novo sistema de fichaxe deberán utilizar éste para realizar as súas marcaxes diarias xa que, automaticamente, quedará deshabilitada a posibilidade de fichar polo sistema antigo (máquinas existentes nos edificios xudiciais). As tarxetas de fichaxe antigas  deberán remitirse aos servizos de persoal da xefatura territorial correspondente.
   As xustificacións das posibles faltas de fichaxe por ausencias totais ou parciais do posto de traballo (fallo do sistema informático, esquecemento da tarxeta, enfermidade ata o cuarto día, asistencia a consultas médicas...) deberán facerse cubrindo os modelos existentes na Oficina de Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), seguindo a continuación o procedemento habitual de visado polo superior funcional e remisión aos servizos de persoal da xefatura territorial correspondente.
   Na intranet de Xustiza estará dispoñible información para resolver as posibles dúbidas que xurdan en relación co sistema de fichaxe no PC. As consultas tamén poderán dirixirse ao Cau de xustiza, teléfono: 981 54 62 23 .

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr