Saltar ao contido principal

CRITERIO PARA MANTER AS SUBSTITUCIÓNS A PESARES DO CONCURSO DE TRASLADOS

   A administración autonómica ante a petición efectuada pola CIG acaba de indicarnos o novo criterio que fixará con respecto a aquelas compañeiras/os que estean en substitución e tiveran participado no concurso pero que a súa praza de substitución, polo motivo que sexa, non teña sido cuberta pola/o titular. Neste caso a administración permitirá ao substituto seguir na substitución pero deberá cumprir os seguintes requisitos:

1) Manifestar que desexa continuar na substitución (xa que podería interesarlle máis coller a praza do concurso).
2) Deberá cesar e tomar posesión ante a delegación correspondente do destino adxudicado no concurso.
3) De verse involucrado algún persoal interino o mesmo non decaerá pola toma de posesión dado que a mesma non é efectiva e polo tanto existe continuidade do nomeamento daquel.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.