Saltar ao contido principal

FORMACIÓN PERSOAL DO CONCURSO

   Como xa se anticipou recentemente pola Dirección Xeral de Xustiza, este ano o persoal que cambie de posto de traballo como consecuencia do concurso de traslados vai ter un soporte formativo que facilite a súa incorporación ao novo posto. Esta formación tamén estará dispoñible para o persoal que se reincorpore ao seu posto de traballo despois dunha liberación sindical.
   Esta acción formativa é o primeiro paso no proxecto que denominamos “Comunidades; Virtuais de Aprendizaxe” que, resumidamente, será un punto de encontro para a resolución de dúbidas, compartición e ampliación de coñecemento dos distintos profesionais da Administración de Xustiza de Galicia. 
   Integrada na intranet de Xustiza, permitirá a realización de actividades formativas de xeito remoto a través dos medios técnicos da Administración de Xustiza (equipamento de videoconferencia, acceso remoto ao posto dos usuarios, teléfono, etc) . Poderán haber reforzos presenciais, aínda que a utilización dos medios técnicos serán a canle habitual.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.