Saltar ao contido principal

REINCORPORACION LIBERADOS SINDICAIS CIG

Galiza, 16 de novembro de 2012.

A través desta nota informativa quixeramos facervos chegar a todas/os traballadoras/es da administración de xustiza a decisión que se adoptou neste sector da CIG, ante o que consideramos un ataque frontal e sen precedentes á negociación colectiva dentro das administracións públicas.
Dende a publicación o pasado 14 de xullo do Decreto-Lei 20/2012, a Mesa Xeral de Función pública de Galiza tivo non menos de 7 xuntanzas a fin de abordar, dar solución e regulamentar as novas condicións dos pactos de dereitos sindicais que posibilitarían a negociación nas distintas mesas existentes. Dado que estas reunións foron totalmente infructuosas (ata a 6ª xuntanza non houbo tan sequera proposta por escrito), amosando a administración unha prepotencia e despreocupación absoluta á cuestión que se negociaba, finalmente e, tras dúas prórrogas do prazo de reincorporación, fixou como data tope a do 16 DE NOVEMBRO pechándose a negociación o 20 dese mesmo mes.

Na CIG-XUSTIZA entendemos que a dignidade da nosa central sindical está por riba do que se lle antolle en cada momento a administración que por quenda estea no poder e que aínda por riba acuda as mesas sen ningún tipo de afán negociador, polo que tomamos a decisión de retornar aos nosos postos de destino na data indicada e, a partir deste momento, tentaremos adaptar a situación e reestructurar o sector a fin de seguir dando un servizo o máis digno posible ás traballadoras/es da administración de xustiza, pero sen ter que deberlle a administración máis nada que o que a lei nos recoñece (ate que estes a cambien tamén).
Polo tanto, as compañeiras/os delegadas/os da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra terán, a partires do vindeiro luns, o seu crédito horario adaptado e reducido ao que a LOLS establece, polo que vos pedimos a vosa COMPRENSIÓN e APOIO para afrontar esta situación, a fin de que a nosa acción sindical non se resinta nin o máis mínimo e, se cabe, se potencie na defensa dos nosos intereses como traballadoras/es públicos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr