Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL 07/02/2013


A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA AGÓCHASE DETRÁS DE PORCENTAXES PARA NON CUANTIFICAR, ALEGANDO INCOMPETENCIA, AS CANTIDADES QUE VAN SUPRIMIR AOS/ÁS TRABALLADORES/AS

Tras oito meses sen Mesa sectorial, o Director Xeral converte a mesa na crónica dunha morte anunciada: non pensan devolver nin un céntimo da paga extra suprimida ilegalmente, contravindo a LOPX entón vixente, nin tan sequera o mes e medio xa devengado e recoñecido por sentenza xudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid. Para iso aduce argumentacións peregrinas e irrisorias como " os funcionarios de xustiza queren cobrar a extra, mentres ao resto de funcionariado da Xunta llela quitan". Non se da conta o Director que o único que esiximos e o cumprimento da legalidade e o acatamento de sentenzas que, se ben non afectan ao noso eido, aforrarían custos xudiciais a nós e a administración.

Quedou confirmado tamén o que xa fora adiantado polas OOSS en follas informativas e asembleas: o desconto do 4,26% da masa salarial por parte do Goberno de Nuñez Feijoo. Agora ben, non falicitou documentación, nin tan sequera coñecementos certos das cantidades exactas, a expensas do que lle ordenen dende a Dirección Xeral de Orzamentos, limitándose a manifestar: "a auxilio e tramitación suprimiráselles o CAT (427€) das pagas de xuño e decembro, os xestores e médicos forenses necesitarán algo máis".

As cinco organizacións sindicais arriba asinantes, únicos interlocutores válidos coa Administración queren deixar claro que o cinismo da DXX é lamentable pois, mediante unha obra mestra de enxeñería financeira, pretenden facer o desconto do 4.26% no CAT pero tomando como base a cantidade global que percibimos, que excede a súa competencia, xa que o soldo base é competencia estatal, e que argumenta con que os cartos transferidos polo Estado son incondicionais, é dicir o mesmo poden servir para pagarnos que para facer un parque temático ou unha verbena.

O descontrol da Administración chega a grados extremos pois eran descoñecedores de que o anticipo do 50% da paga extra, solicitada por moitos traballadores no mes de xaneiro, non se fixera ben. A Dirección Xeral se comprometeu en solucionar o problema.

A única parte positiva, sen dúbida apretado polos seus maiores, xa que a súa neglixencia chegou incluso a debate no Parlamento de Galicia, é a concreción dun calendario de mesas para tratar a nova bolsa de interinos, orde de permisos e licencias (a administración a petición sindical dará a posibilidade de coller días de vacacións soltos), orde de fichaxe, orde de substitucións (a petición das OOSS, que sempre defendemos a igual traballo , igual retribución), protocolo de enfermidades que dan a lugar a descontos por IT, e demais temas pendentes. Resulta máis que coincidente esa ansia de traballo despois de oito meses sen negociación intencionada, e seguro viuse obrigado pola presión sindical e política, interpelación AGE.

CONCURSO DE TRASLADO: Confírmase que haberá concurso e que nos darán con carácter previo as prazas vacantes para alegacións. Sairán no mesmo cinco prazas de nova creación. 2 de tramitación en Lalín. 2 de tramitación en Viveiro e unha de auxilio en Sarria.
COMUNICACIÓN DAS AUSENCIAS. No novo calendario laboral a DXX quere dar unha nova volta de torca aos funcionarios de xustiza de Galicia, ao pretender impoñer a presentación da xustificación en calquera caso e dende o primeiro día. Criminalizan as nosas condicións de traballo que as organizacións sindicais desta plataforma non o imos consentir.

Desconto proposto pola DXX
4, 26% da masa salarial, nun abano que vai do 4,10% para o corpo de auxilio ata un 5% para o corpo de xestión, dependendo do corpo e destino.
Auxilio e Tramitación
Xestión
CAT de xuño e decembro
CAT de xuño e decembro + prorrateo nos meses restantes

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr