Saltar ao contido principal

OFERTA EMPREGO PÚBLICO-OPOSICIÓNS 2013

   O Ministerio acaba de confirmarnos que, con toda probabilidade (se non se remedia no Consello de Ministros de hoxe 22 de marzo) a oferta de emprego público para este ano 2013 será de tan só 242 prazas para o corpo de Xestión (121 libre e 121 promoción) e  58 prazas para o corpo de Secretarios Xudiciais (29 libre e 29 promoción).
   Segundo a conversa mantida, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, nun primeiro momento autorizara ao Ministerio de Xustiza unha oferta de emprego público dunhas 1000 prazas entre os distintos corpos, pero no día de onte mudou de criterio e tan só autorizou a convocatoria de 150 prazas da quenda libre de Xestión e Secretarios Xudiciais.
   En fin, que o ministro Sr. Gallardón vese que neste tema non ten o peso específico que poidera parecer, en contraposición con outras cuestións defendidas a capa e espada por dito ministro como se fose o mismísimo Cid Campeador. Neste tema o ministro Sr. Montoro acaba de darlle un capotazo e torear ao ministro Sr. Gallardón como se fora un pequeno novillo. 

Resume Real Decreto OEP 2013

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr