Saltar ao contido principal

OS REXISTRADORES DA PROPIEDADE NON QUEREN O REXISTRO CIVIL

   Esta semana  pasada levouse a cabo en Zaragoza a asamblea de Rexitradores da Propiedade de España para valorar dúas propostas ou relatorios sobre o proxecto de lei para asumir a competencia en materia de rexistro civil; unha a favor do proxecto do Ministerio de Xustiza e outra en contra do mesmo. O primeiro dos relatorios non conseguiu o 20% do respaldo necesario para poder ser debatido. O outro relatorio (contrario as teses do Ministerio de Xustiza), presentado por Juan Sarmiento Ramos, superou o 25% dos votos precisos para acceder ao Pleno. 
   Ignacio San Pedro defendeu votar non ao único relatorio (e dicir, apoiar as teses ministeriais) e cree que non  foi adecuado o prantexamento dicotómico que se votou en Comisión, nin que se poidan prantexar condicións e discrepa destas en concreto. Juan José Pretel interviu brevemente, así como Javier Serrano para recordar éste último que tan só un relatorio pasou do 25%. Juan Sarmiento, autor do relatorio presentado e que foi Subdirector Xeral do Rexistro Civil, deu razóns máis que convincentes para o non ao Rexistro Civil, tanto de contido técnico (polas diferenzas cos rexistros mercantil e da propiedade en canto ao seus principios básicos), como de contido político: non hai capacidade financeira para asumir un rexistro gratuito e, se se recibe retribuído, os rexistradores seremos duramente criticados pola opinión pública moi influida por ostentar determinados membros (o irmán do Sr. Rajoy) cargos públicos de influenza dentro da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado. A situación de crise tampouco o aconsella e pide, ao respecto, unha postura contundente.
Na votación, obtivo 321 votos a favor, máis 15 de xubilados e excedentes e, tan só 83 en contra (partidarios de levar a competencia do Rexistro Civil). Houbo 13 abstencións e a votación foi secreta e en urna.
   Para entender o porque da decisión ministerial de encomendar o rexistro civil aos Rexistradores da Propiedade non debemos esquecer que, os Rexistradores en toda Europa, salvo España, son funcionarios que reciben un soldo do estado (uns 50.000 euros), estando integrados nunha mesma institución o Rexistro e o Catastro. Polo contrario, en España, os Rexistradores da Propiedade e Mercantis son funcionarios con monopolio territorial, como os demais Rexistradores europeos, pero, a diferenza deles, non perciben un soldo se non que cobran directamente do mercado unha retribución que paga cada cidadán que queira inscribir algo, obtendo unhas ganancias medias para un Rexistrador tipo de un millón de euros anuais. Este sistema é ilegal porque en toda Europa están prohibidas as rendas de monopolio. Ante o perigo de funcionarizar aos rexistradores e que deixaran de cobrar cadanseu particularmente, pois ao Ministerio de Xustiza non se lle ocorreu outra cousa que encomendarlle as funcións do Rexistro Civil a fin de non facelos desaparecer como entes "privados" cando en Europa son públicos.
 

Os rexistradores españois en vías de extinción

Os Rexistradores non queren asumir a competencia do Rexistro Civil

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr