Saltar ao contido principal

REMISION AO CXPX DO NOVO CALENDARIO LABORAL 2013


NEGOCIADA A ORDE DE HORARIO E VACACIÓNS

   A Dirección Xeral de Xustiza ven de remitirnos o texto pechado da orde de horario e vacacións para o ano 2013. Antes da súa aprobación definitiva e publicación, debe ser remitido ao Consello Xeral do Poder Xudicial, para informe vinculante. A burocratización da Dirección Xeral e a súa reticencia negociadora traerán como consecuencia que, novamente, esta orde se aprobe case a mediados de ano. 

   A unidade sindical e a presión conxunta acadan unha orde vantaxosa respecto a outros territorios e administracións e, tendo en conta a brutal agresión que supuxo o RD 20/2012 aos nosos dereitos, onde o horario máximo a cumprir convértese en mínimo, o mantemento e melloras alcanzados significan un grande logro sindical.

· Mantense a xornada de sete horas diarias.
· Acadamos conservar o horario de verán (desaparecido en moitas administracións) e unha semana grande de horario reducido.
· Amplíase o abano de horario fixo na xornada de verán, computando dende ás oito e media, en lugar de ás nove.
· Mantéñense os horarios especiais do Rexistro Civil.
· Continúa excluído o control horario das competencias dos Secretarios/as Xudiciais.

   Porén, a intransixencia da Dirección Xeral supuxo un freo a consecución de dereitos respecto ao horario que estaban dentro da súa potestade discrecional e non significaban custo económico ningún:

   A iniciativa de todas as organizacións sindicais con representación na mesa e, visto o maior recorte en días de asuntos propios, en comparación con outras administracións (de nove a tres días), propuxemos que os excesos de xornada puideran computarse por xornadas completas de libranza cun tope anual, (agora mesmo só pode compensarse no flexible co tope do 10%). Con esta proposta cumpriríase o horario en cómputo anual e non ocasionaría prexuízo ningún a administración. A Dirección Xeral, pese a negativa a contemplalo nesta orde que debe pasar o visado do CXPX, comprometeuse a valoralo para incluílo na orde de vacacións, permisos e licenzas. A presión sindical irá nesa dirección, co fin de paliar o maior dano sufrido nos nosos dereitos.

   A pesares da proposta unitaria, a DXX tamén se nega arbitrariamente a ampliar o horario de fichaxe ata as oito da tarde en inverno e ata ás seis e media en verán.

Cadro de cómputo horario

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.