Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL MADRID SOBRE INCAPACIDADES TEMPORAIS - 19-06-2013

   O pasado mércores 19 de xuño tivo lugar en Madrid a mesa sectorial de xustiza na que se intentou negociar o catálogo de supostos nos que as incapacidades temporais por enfermidade común non suporían desconto ningún en nómina. Pois ben, a negociación en nada ou en pouco mellorou a proposta que tiñamos sobre a mesa en Galiza por parte da Dirección Xeral de Xustiza xa que, o que ía ser un catálogo, quedou reducido a seis supostos xerais (hospitalización, intervención cirúrxica, radio e quimioterapia, xestación ou lactación, violencia de xénero e persoal con discapacidade recoñecida superior ao 33%). Se ben é certo que o Ministerio viu con bos ollos algunha das propostas de engádega de máis supostos, a súa marxe de manobra é pequeno fronte ao MAP, polo que a alternativa que prantexaron pasaría por detallar máis polo miúdo, en instrucións posteriores, os casos que se poderían encadrar dentro dos supostos xerais abrindo máis o abano de posibilidades.
   O único positivo é que no territorio Ministerio tanto os funcionarios dos corpos xerais como os Secretarios Xudiciais van ter o mesmo réxime.
   No noso caso, en Galiza, visto que a proposta ministerial non mellora a proposta da Consellería, por parte da CIG propuxémoslle a administración ter nesta vindeira semana unha xuntanza para mellorar, dentro do posible, a proposta galega (que tamén ten o seu pequeno marxe de manobra ao depender a resolución da mesma consellería para o persoal de Autonómica como para o de Xustiza), intentando meter algún suposto máis, así como que exista o compromiso por parte da administración de facer posteriormente unha instrución sobre os supostos que poderían ser encadrados dentro dun abano maior nos supostos xerais.
   En canto a Pre-IT, e dicir, os días anteriores que se poden gozar antes de ter que coller obrigatoriamente a baixa, o Ministerio dixo que ía agardar ata que o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas dite a resolución oportuna nese senso aínda que é consciente que xa houbo Comunidades Autónomas que regulamentaron dita cuestión así como as das baixas, de diferente xeito ao fixado polo Ministerio.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr