3 DÍAS DE LIBRANZA
Como continuación da
Mesa Sectorial do pasado día 28 de maio, onde se lograron os 3 días de libranza
por acumulación de horas traballadas, hoxe tivo lugar unha Mesa Técnica para
ver o seu encuadre na aplicación informática.
Nesta Mesa desenvolvemos
o acordo asinado por CC.OO, USO, UGT, CSI-F, CIG e a Administración, sendo os aspectos máis
salientables os seguintes:
●
Para alcanzar os 3 días de libranza os funcionarios, de
xeito voluntario, poderán acumular o tempo traballado que exceda das sete horas
diarias, en computo mensual, nunha bolsa, que se poderá empregar a partir do
mes de xullo, ben para reducir o horario flexible, ou ben cando se xunten 7
horas e media, pedir un día de libranza, ata un maximo de 3 ao ano.
●
Os
días de libranza equipararanse aos días de asuntos particulares, é
dicir:
○
Poderánse acumular aos días soltos de
vacacións e asuntos particulares.
○
Poderánse desfrutar ata o 31 de Xaneiro do ano seguinte.
●
No
verán non se poderá acumular horario flexible, pois xa temos horario reducido.
De xeito excepcional este ano logramos que a Administración permita acumular
horario flexible dende o 1 de xuño ata o 30 de xuño e do 1 de setembro ata o 30 de setembro.
PERMISOS, LICENZAS E
HORARIO
●
Aínda
que non está publicada a nova resolución que regulamenta os permisos, licenzas
e vacacións, xa se poden solicitar os mesmos, entre outros;
○
Permiso
por ingreso hospitalario ou, enfermidade por días soltos e no prazo
dun mes.
○
Permiso retribuído dun máximo de 30 días por enfermidade
moi grave dun familiar primeiro grao.
○
7 días de vacacións de xeito independente.
○
4 días de asuntos particulares.
○
Flexibilización do horario fixo
●
No horario de verán o horario fixo da xornada poderá
facerse dende as 8.30 horas fronte as 9.00 que estaba ata o de agora.
Comentarios
Publicar un comentario