Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL XUSTIZA - 4 DE XULLO



Reunidas as centrais sindicais con representación na mesa sectorial de xustiza de Galicia, CCOO, SPJ-USO, UGT, CSIF e CIG, coa Dirección Xeral de Xustiza, pasamos a informarvos dos asuntos que alí se trataron:

PROBLEMÁTICA NOS DESCONTOS NÓMINAS

Por todas as centrais sindicais solicitouse á Dirección  Xeral que se recoñeceran os erros  cometidos na confección das nóminas e a dificultade que a redacción das mesmas ocasionou ás compañeiras/os para o seu entendemento. Así mesmo, solicitouse que se expedira unha certificación de haberes ata o día da data, para comprobar os seguintes extremos:
-       En relación ás compañeiras/os que solicitaron o anticipo da extra de xuño,  para coñecer se coinciden tanto a cantidade bruta e líquida a percibir  comparándoas coas compañeiras/os que non a solicitaron.
-       En canto á retención sufrida no CAT e o IRPF deste complemento, solicitouse que se axustaran nos próximos meses as cantidades retidas indebidamente.
Por outra banda, esiximos que a Dirección Xeral recoñecera a ilegalidade do feito de descontar máis contía da que se fixa no noso CAT mensual.
Tamén se solicitou que a os compañeiros que estean de baixa por máis de seis meses se lles anule ese desconto, xa que non están a percibir o CAT, e polo tanto esas contías non se poden descontar por ningún outro concepto.
-       Finalmente solicitouse que, no seu caso, ás compañeiras/os interinas se lles aplique a redución do CAT proporcionalmente ao tempo traballado.

DESCONTOS POR INCAPACIDADE TEMPORAL

Por parte do Director Xeral, ante a petición sindical unánime, acordouse un aprazamento para a negociación das IT, quedando polo tanto en convocarnos a unha mesa de traballo  durante o  mes de xullo para pechar este tema.
Por parte de todas as centrais sindicais esiximos, como premisa de calquera acordo, o que se nos aplique, como mínimo, a mesma normativa que a recentemente publicada para  os membros da carreira xudicial e fiscal, por entender que de outra forma se estaría a vulnerar o principio de igualdade establecido na constitución nunha cuestión tan delicada como o dereito á prestación económica por enfermidade.
Polas centrais sindicais presentes na xuntanza solicitouse que non se produciran descontos en nómina mentres non se acaben as negociacións, comprometéndose a Dirección Xeral a que no se producirá ningún tipo de desconto durante o mes de xullo.

ORDE DE INTERINOS

Remitiuse o borrador da Orde á Asesoría Xurídica da Xunta para informe e, no seu caso,  posterior publicación. Non se baralla unha data concreta para a publicación da mesma.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr