Recentemente o Tribunal Supremo na súa sentenza de 10/06/2013 por casación en interese de lei, viu de confirmar a sentenza do TSX de Catalunya de data 09/11/2011, ditada no rolo de apelación 69/2010, na que se lle recoñecía aos xestores dos rexistros civís o pagamento da súa habilitación para asinar certificacións.
As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.
Comentarios
Publicar un comentario