Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL MADRID 10-09-2013 - OPOSICIÓNS XESTIÓN

   No día de onte tivo lugar en Madrid a xuntanza da mesa sectorial de xustiza a fin de ver as bases de convocatoria das oposicións ao corpo de xestión para este ano 2013. 
   Unha vez máis esta mesa converteuse nun paripé e a administración non asumiu ningunha modificación sobre as bases xa empregadas no 2011, a pesares do seu compromiso reiterado en mesa durante as últimas oposicións de modificacións sobre os temarios e sobre a probas a realizar. 
   Por parte da CIG solicitouse que nos exames de desenrolo non entraran máis que os temas de dereito procesual e que para a promoción se cambiara o tipo da segunda proba a un caso práctico.
   As únicas adaptacións que se realizaron nas bases foron para mellorar o proceso de xestión das oposicións e por iso a instancia só se poderá obter da páxina web do ministerio  ou das distintas administracións autonómicas. Ollo, que cada instancia leva un número identificador, polo que non se pode fotocopiar a mesma e hai que realizar a descarga do modelo correspondente cada vez que se queira cubrir unha instancia. O ministerio tamén mellorará desta vez a aportación de documentación en poder das distintas administracións, pois xa se encargará ela de  obtela directamente da administración correspondente.
   A publicación da convocatoria estaría prevista para a primeira quincena do mes de Outubro se o Ministerio de Facenda e Admóns. Públicas non pon ningún tipo de problema ou impedimento.
   Para o 2014 estase a pelexar pola nova convocatoria que permita sacar a oposición todas as prazas orzamentadas e que nestes momentos están dotados con persoal interino, así como aquelas que foron quedando reservadas para discapacitados intelectuais nos últimos procesos selectivos.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.