A PLATAFORMA SINDICAL SOLICITA UNHA MESA SECTORIAL URXENTE CO CONSELLEIRO SR. RUEDA PARA NEGOCIAR O PROXECTO DE I.T (Baixas Laborais)
CC.OO, UGT, CSIF, CIG, solicitamos a presencia na seguinte Mesa Sectorial do Conselleiro Alfonso Rueda para poder explicarlle a discriminación que o Decreto que regula as baixas laborais en Galicia é discriminatorio con respecto a Xuíces e Fiscais e ataca de maneira directa ó Dereito á Saude dos traballadores.
Nesa Mesa explicarémoslle ó Conselleiro discriminacións coma as seguintes:
Mentres os Maxistrados e Fiscais NON TEÑEN descontos por as enfermidades recollidas no R.D 2210/1995;
Gripe,Hepatite A, B, Vírica e Outras, Sarampelo, Tos Ferina, Varicela............. E así ata alcanzar 38 enfermidades de declaración obligatoria según o Ministerio de Sanidade.
OS FUNCIONARIOS DE XUSTIZA por esas mesmas enfermidades TERÁN o desconto do 50% do soldo os 3 primeiros días (30€ aprox) e o 25% do 4º ó 20º(15€ aprox).
Mentres os Maxistrados e Fiscais NON TEÑEN descontos pola interrupción voluntaria do embarazo no primeiro trimestre de xestación por indución farmacolóxica.
AS FUNCIONARIAS DE XUSTIZA por esa mesma interrupción do embarazo TERÁN o desconto do 50% do soldo os 3 primeiros días (30€ aprox) e o 25% do 4º ó 20º(15€ aprox).
Mentres os Maxistrados e Fiscais NON TEÑEN descontos polos procesos de incapacidade temporal iniciados durante os tratamento mediante técnicas de reprodución asistida.
AS FUNCIONARIAS DE XUSTIZA por estas mesmas situacións de incapacidade temporal por reprodución asistida TERÁN o desconto do 50% do soldo os 3 primeiros días (30€ aprox) e o 25% do 4º ó 20º(15€ aprox).
Mentres os Maxistrados e Fiscais NON TEÑEN descontos por procesos oncolóxicos.
OS FUNCIONARIOS DE XUSTIZA TERÁN desconto se o proceso oncolóxico non conleva TRATAMENTO.
Mentres os FUNCIONARIOS DE XUSTIZA DE NAVARRA E ARAGÓN, CC.AA gobernadas polo P.P, TEÑEN a mesma regulación que Maxistrados e Fiscais.
OS FUNCIONARIOS GALEGOS ESTAMOS DISCRIMINADOS
SUBSTITUCIÓNS VERTICAIS
A Director comprometeuse a convocar unha Mesa sobre a regulación das substitucións verticais co fin de buscar unha solución o cobro do 100% das retribucións do corpo substituído é así cumprir coa máxima A IGUAL TRABALLO, IGUAL RETRIBUCIÓN.
DÍA DE ASUNTOS PARTICULARES DE MONTORO
A Xunta concederá o día de asuntos particulares de Montoro unha vez que se publique no BOE.
Comentarios
Publicar un comentario