Saltar ao contido principal

POSIBLE RECURSO CONTRA AS NÓMINAS DE XUÑO E DECEMBRO 2013

Sen entrar a valorar que no mes de xuño a Xunta nos quitou 435,60 € cando o maximo que se percibe polo CAT son 427,20 € e, polo tanto, retirou cartos doutros conceptos retributivos que non son da súa competencia, o que resulta realmente prexudicial é que tanto no mes de xuño como no mes de decembro a tributación ao IRPF fíxose tendo en conta como percepcións brutas unhas contías que non son as reais, concretamente en xuño para corpo de Tramitación por exemplo, o cálculo do IRPF empregase como base 3796,80 € cando realmente deberían ter sido 3361,20 € (3796,80 - 435.60 = 3361,20 €) e no mes de decembro emprégase como base 3747,64 € cando realmente deberían ter sido 3328,81 € (3747,64 - 418,83 = 3328,81 €) o que daria, segundo as porcentaxes de retención en ditos meses,  (xuño 3361,20 x 16,54% = 555,94€) (decembro 3328,81 x 14,75% = 491€), do que se deduce unha retención indebida por IRPF de +133,82 € (627,99 + 552,77 - 555,94 - 491 = 133,82 €). E dicir, non só tivemos que padecer os corpos xerais a retención anual de entre 800 e 1100 euros, se non que tamén pagamos máis polo IRPF do que deberíamos.
A CIG xa se puxo en contacto coa súa asesoría para ver as posibilidade de recurso sobre este abuso por parte da administración que entendemos non pode quedar sen réplica pola nosa banda, e no mes de xaneiro xa vos trasladaremos o resultado das xestións e dos posibles recursos.

Escrito presentado ante a Dirección Xeral de Xustiza

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.