Saltar ao contido principal

CARLOS E SERAFÍN versus ORTEGA CANO

Opinión: Xosé Barreiro.
 
Os principais sindicatos do país, CIG, CCOO e UGT, convocaron en 2008 unha folga no sector de transporte de mercadorías da provincia de Pontevedra durante a negociación do convenio do sector. No marco desa folga, múltiples traballadores actuaron como piquetes informativos e algúns deles foron identificados pola Policía Nacional e posteriormente denunciados pola mesma. Esas denuncias policiais derivaron en varios xuízos dos que practicamente todos remataron en absolución. Pero un xulgado de Vigo considerou que dous deses traballadores, Serafín, da CIG, e Carlos, de UGT, eran culpables dun delicto contra os dereitos dos traballadores e aplicoulles unha condena de tres anos de cadea.
A título de exemplo contradictorio, ao Sr. Ortega Cano impúxoselle por matar a unha persoa, en estado de embriaguez, dous anos e medio de cadea. 
De todo o anterior cabe deducir que segundo o código penal español sae moito máis a conta arrebatar a vida a unha persoa, mesmo en estado de embriaguez, que defender os dereitos dos traballadores.
Por todo iso solicitámosvos que apoiedes a petición de indulto parcial para estes dous traballadores que o único que facían no ano 2008 era defender os seus dereitos laborais, a fin de lograr que, se ben non se lle retire a totalidade da condena, non teñan que ingresar definitivamente en prisión.
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.