Todas as afiliadas/os tedes até o sábado 5 de abril para achegar as solicitudes de praza nas
Residencias de Tempo Libre de Panxón-O Carballiño, por medio do fax 981
15 15 39 ou do correo:
- O modelo oficial está recollido no DOG nº 45 do 6 de marzo de 2014.
-
A orde ten por obxecto regular o procedemento de adxudicación de
estadías e servizos das residencias de tempo libre de Panxón e O
Carballiño para o ano 2014, sitas nas localidades de Panxón-Nigrán
(Pontevedra) e O Carballiño (Ourense).
-
Poderán ser destinatarias todas as persoas maiores de idade ou menores,
sempre que vaian en compañía dos seus proxenitores ou das súas
proxenitoras ou titores ou titoras legais e a distribución de prazas
será compartida nun 50% entre a Consellaría de Traballo e Benestar e as
centrais sindicais, en razón da súa representatividade.
-
O servizo de residencia consistirá no aloxamento e mantenza en réxime
de pensión completa durante a quenda adxudicada ás persoas
beneficiarias.
-
Cada unidade familiar poderá solicitar estadías para unha única
residencia de tempo libre e para unha ou varias quendas. Pero non se
admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozaron dalgunha quenda
na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.
Procedemento para a petición electrónica
Procedemento para a petición electrónica
Comentarios
Publicar un comentario