Na mesma mesa sectorial de Madrid celebrada o pasado venres, 25 de abril e, a petición da CIG, tamén se falou sobre os seguintes temas:
CONCURSO DE TRASLADOS : A convocatoria publicarase en maio, seguramente na primeira quincena.
REXISTRO CIVIL : Nun par de semanas o sr. Ministro daranos algunha nova sobre o seu destino final.
PAGA EXTRA : A decisión de pagar, no territorio de competencia do Ministerio de Xustiza, non depende deles se non do Ministerio de Facenda; están agardando a que resolva o Supremo un recurso en interese de lei interposto pola Avogacía do Estado. Loxicamente, se o Ministerio acordara o pagamento, esta decisión achandaría as reclamacións pendentes no resto de xulgados e tribunais do resto de territorios.
Nós, como CIG, seguimos coa estratexia de interpoñer recursos contencioso-administrativos nos xulgados de toda Galiza, a fin de que as sentenzas que se obteñan sexan extensibles a todos as/os traballadoras/es. A demanda no partido xudicial de Pontevedra presentarase a primeiros de Maio ao non contestar a Xunta ao recurso previo administrativo.
PROMOCIÓN INTERNA : Dada a imposibilidade de convocatoria de procesos da quenda libre de oposicións (non hai oferta de emprego público), o Ministerio segue a estudiar a posibilidade de convocar só procesos de promoción interna de carácter anual e coordinalos cunha formación on line da que non deron máis información. Pediuse informe ás CC.AA. e estas aínda non contestaron.
Comentarios
Publicar un comentario