De
acordo co publicado no día de hoxe na intranet e coas instrucións aprobadas por Resolución do 12 de febreiro,
xa está habilitada a sinatura electrónica do parte individual de
incidencias dispoñible na OPAX. As incidencias xerais de horario deberán rexistrarse
ao día seguinte ou o primeiro día hábil de traballo tras a
reincorporación ao posto. Dende o momento da sinatura, a incidencia
pasará a estar dispoñible para o servizo de persoal correspondente,
que procederá á súa validación e carga no sistema de control
horario. Desta forma, para a tramitación de calquera incidencia de
control horario, xa non é precisa a sinatura por parte do superior
funcional da unidade, ao que se lle habilitará unha opción de
consulta na súa bandexa de entrada, para poder facer un seguimento
das incidencias tramitadas polo seu persoal.
Comentarios
Publicar un comentario