Saltar ao contido principal

XUNTANZA DE EXPURGO E NOVA OFICINA FISCAL






EXPURGO

Con cinco   semanas de retraso segundo o comprometido,  celebrouse unha nova mesa técnica sobre o expurgo, para ao final saír peor que entramos. Do comentado polo Director Xeral en diferentes medios sobre a posibilidade de nomear reforzos para labores de arquivo, nada de nada. Onde dixen digo digo Diego.
As OOSS volvemos  reiterar a necesidade do nomeamento de dúas prazas por provincia de funcionarios de reforzo itinerantes, persoal que estaría especializado e cualificado para facer o expurgo con máis eficacia e rapidez, necesidade que consideramos imprescindible porque do contrario suporá que teñamos que deixar o trámite ordinario dos asuntos para adicarnos a tarefas competencia do corpo de secretarios; ante a negativa do seu nomeamento, promoveremos distintas medidas  de presión que evidencien a nefasta xestión do expurgo e o lamentable estado dos arquivos xudiciais.
Ademáis, criticamos a falta de organización do traballo dende a Dirección Xeral que provoca que sexan os secretarios e secretarias os que decidan quen e como fan o expurgo. De feito, quedou patente na propia mesa que o Director Xeral non coñecía como e onde se están a facer as labores de expurgo.
Ante esta situación, e dado que non imos parar ate conseguir que a xestión dos arquivos se faga con rigor e eficiencia,quedamos emprazados para a celebración dunha nova mesa despois da Semana  Santa trala  convocatoria da Xunta de Expurgo.

NOVA OFICINA FISCAL


Ante as informacións erróneas difundidas por sindicatos sen representación nas mesas de negociación, queremos informar a todo o persoal que a  Dirección Xeral nos trasladou documentación para seguir o procedemento de creación da NOF; neste caso para iniciar a negociación das RPTs. Seguindo o procedemento establecido, contan con que neste ano se oferten as prazas de coordinadores e responsables de rexistro nun concurso específico e o ano que vén se produza o acoplamento, creando e convocando 22 novas prazas para toda Galicia no concurso xeral do 2015 pola consolidación dos reforzos de longa duración.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr