As solicitudes de peticións de vacacións tramitaranse
obrigatoriamente a través da OPAX e
asinaranse electrónicamente, pasando a estar dispoñibles na bandexa do
superior xerárquico para o seu informe e validación.
O secretario ou secretaria xudicial, fiscal xefe ou
director/a ou subdirector/a do Imelga, informará sobre a incidencia da petición
sobre o funcionamento do servizo. No caso de que o informe sexa negativo, farase
constar a súa motivación que será estudiada por este centro directivo en
atención ao establecido no presente plan de vacacións.
Unha vez informadas e validadas electronicamente polo superior
funcional, as solicitudes pasarán inmediatamente a estar dispoñibles no buzón
de entrada da OPAX do servizo de persoal da xefatura ou delegación territorial
correspondente para a súa resolución.
Se por calquera motivo non funcionara a OPAX, as peticións deberían de realizarse a través dos seguintes números de fax:
A Coruña.- 981184450
Lugo.- 982294266
Ourense.- 988386384
Pontevedra (Vigo).- 986817001
Prazo de presentación tempada A (1 de xullo a 30 de setembro) - Ata o 21 DE MAIO
Comentarios
Publicar un comentario