As tres centrais sindicais denuncian o ataque á separación de poderes e, á propia Xustiza, co anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial
Este pasado mércores, 30 de abril, a CIG, CCOO e UGT fixeron un chamamento para artellar unha fronte común de loita a nivel nacional, e non
localista, para defender o dereito das galegas e galegos a acceder á
xustiza.
O anteproxecto de Lei Orgánica do poder
Xudicial pretende unha recentralización da xustiza, afastala do cidadán
dificultando o seu acceso á mesma e mesmo ao dereito á tutela xudicial
efectiva; atenta coa separación de poderes; afonda na súa politización e
ademais afectará gravemente ás galegas e galegos, porque non ten en conta a
dispersión poboacional. Así o denunciaron os representantes dos sectores de
Xustiza da CIG, CCOO e UGT, que exixen a súa retirada e fan un chamamento a superar
o localismo e a defender, desde unha perspectiva de país, o actual modelo de partidos
xudiciais.
Comentarios
Publicar un comentario