O sistema de comunicacións Lexnet permitíalle ata o de agora á
Administración de Xustiza remitir notificacións electrónicas aos axentes
xudiciais. Coa activación desta nova funcionalidade en Pontevedra e A Coruña, os profesionais do
eido xudicial poderán presentar tamén demandas e escritos de mero
trámite nos xulgados, é dicir, incorporar documentación a un
procedemento en marcha.
Esta medida tende a contribuir á eliminación de
papel nos trámites administrativos e á redución de tempos de
procedemento, ademais de facilitar a integración directa cos sistemas de
xestión procesual e a mellora da calidade da información.
Comentarios
Publicar un comentario