Saltar ao contido principal

LEVANTÁMONOS DA MESA SECTORIAL DE MADRID

 

Hoxe tivo lugar en Madrid un novo paripé de negociación por parte do Ministerio de Xustiza ao convocar a Mesa Sectorial sobre a reforma da LOPX cando, uns días atrás, o mesmo Ministerio, de xeito unilateral, a través dun Real Decreto-Lei, acordou outorgarlle aos Rexistradores Mercantís a competencia sobre os rexistros civís.
As centrais sindicais CIG e ELA entendemos totalmente rachada calquera tipo de negociación e que non se dan as condicións para seguir coa mesma e, por iso, tomamos a decisión de levantármonos da mesa de negociación de hoxe expoñendo claramente ao Ministerio que as nosas centrais sindicais non van ser cómplices nin convidados de pedra da desfeita que o Sr. Gallardón pretende facer da administración de xustiza.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.