Saltar ao contido principal

NOVAS OPOSICIÓNS SECRETARIOS XUDICIAIS

O  Ministerio  trasladounos  as  bases  da  convocatoria  de  160  prazas  de  secretarios,  que  no fundamental  son  copia  das  anteriores.  A  CIG  manifestou  a  súa  disconformidade  co  deseño  da oposición para a quenda de promoción interna e solicitou, unha vez máis, a súa modificación.
Unha  novidade  que  contemplan  é  a  obriga,derivada  do RD  228/2014  que  aproba  a  OPE deste  ano,  de  conservación  da  nota  dos  exercicios  para  a  convocatoria  seguinte,  sempre  que supere  o  60%  da  nota  máxima,  ás  persoas  que  participen  pola  quenda  de  discapacidade.   Sen embargo  esta  posibilidade,  que  o  RD  establece  como  facultativa  para  a  quenda  xeral,  non  se contempla  nas  bases presentadas,  polo  que  na propiaMesa  a  CIG  instou  encarecidamente  que  a conservación  de  nota  se  contemple  de  xeito  xeralizado,  quedando  a  Administración  en  que  o  ía valorar.
Este sindicato presentará escrito con todas as alegacións, nas que, ademáis do manifestado e entre outras cousas, se solicitará que o primeiro exercicio se poida realizar en calquera sede de TSX do estado.


Nota informativa alegacións CIG

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.