Saltar ao contido principal

PROPOSTA DE PRAZAS PARA A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2015

Achegámosvos a nota informativa sobre a oferta de emprego público para o ano que ven na que, nun primeiro momento, o Ministerio realiza unha oferta de entre 1.000 e 1.500 prazas, aparte as de promoción interna, dos corpos xerais e especiais. Esta proposta e bastante contraditoria, pois o propio Ministerio recoñece unhas 9.000 vacantes neste momento en todo o territorio (vacantes dotadas orzamentariamente), así como que cada ano se xubilan 650 traballadores no réxime de dereitos pasivos.
Pola CIG xa se lle manifestou a insuficiencia de dita oferta de emprego público, máxime cos datos ofrecidos, e que, de non poñerlle remedio inmediato, provocará un colapso da administración de xustiza, xusto nun momento no que debería reforzarse dita administración no canto de aplicarlle recortes.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.