No BOE do luns, 26 de xaneiro, está prevista a publicación da Orde de 7 de xaneiro de 2015, do Ministro de Xustiza pola que se
outorgan destinos aos funcionarios do Corpo de Xestión Procesual e
Administrativa da Administración de Xustiza (quenda libre), que
superaron as probas selectivas convocadas por Orde JUS/1959/2013, de
17 de outubro.
As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.
Comentarios
Publicar un comentario