Saltar ao contido principal

DEVOLUCIÓN DA EXTRA NA NOSA TERRA

Por medio do presente trasladámosvos a nota informativa que no sector de autonómica se está a difundir sobre a devolución da extra. Dado que na nosa comunidade, ao estar transferida a xestión no sector de xustiza, é tamén a comunidade autónoma quen executa esas devolucións, o máis probable e que as mesmas se produzan do mesmo xeito que con dito persoal de autonómica.

"O Partido Popular, como terapia para situacións de desnutrición salarial, vainos administrar a devolución da extra do 2012 en doses homeopáticas, non vaia ser que empachemos.
Da reunión mantida o mércores 23 de decembro coa Administración, infórmanos das porcentaxes e datas aproximadas (enriquecidas por nós con eventos salientábeis que estimulan a devolución) da extra do 2012.
  • Devolven o 12,5 % da extra do 2012 en xaneiro.
  • Antes das Eleccións Municipais devolven outro 12,5%.
  • No 2016 (hai Eleccións Autonómicas) o 50%.
  • No 2017, o 25% que falta.
No resto de Administracións van cobrar no 2015 as extras enteiras e AQUÍ NON, co cal imos cobrar aínda menos que o que cobrarían no Estado aínda que Montoro non lles devolvera o 25% da extra do 2012.
E cando nos van devolver o recorte das extras dos anos 2013, 2014 e 2015, que no Estado cobraron e seguen a cobrar? Pensan que con esmolas van encherse de votos e que o noso traballo se paga ou non se hai eleccións á vista? Tanta miseria e tanto miserable pasaránlles factura. Ao tempo."

Nota informativa devolución paga extra

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr