Mentras noutras comunidades autónomas (como a Comunidade Canaria), os gobernos con algún sentidiño, tomaron a decisión de devolver a totalidade da paga extra as funcionarias/os de xustiza coa primeria sentenza que o recoñecía, nesta Xunta do Sr. Feijoo, xa levamos máis de 20 e non sei cantas extensións de efecto e, non só non nos devolven a totalidade da paga extra, se non que, coma miserentos nos prometen a devolución dun 12,50% da dita paga. Se isto é estar na "Champions League" nos preferimos xogar na terceira rexional, que cando menos xogamos con equipos do pais.
Comentarios
Publicar un comentario