No DOG do luns 2 de febreiro, publicouse a ORDE do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a
concesión da prestación económica de pagamento único
por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2015.
Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2015 (nacidos entre o 2.1.2012 e o 1.1.2015, sempre e cando durante o ano 2013, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar (nin presentasen de xeito voluntario) a declaración polo IRPF.
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos:
– Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
– Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
– Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros
Tedes máis información na seguinte ligazón:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150202/AnuncioCA05-140115-0002_gl.pdf
Comentarios
Publicar un comentario