Saltar ao contido principal

AS RPT´S DAS FISCALÍAS ESTÁN APROBADAS DEFINITIVAMENTE POLO MINISTERIO

O Ministerio de Xustiza confirmou esta mañá que xa  se procedeu á aprobación definitiva das RPT´S e, simplemente, falta a súa publicación que será, previsiblemente, na semana do 6 ao 10 de abril; un mero formalismo que non impide que a Dirección Xeral de Xustiza inicie xa a fase de acoplamento. 
Dende a CIG estívose a pelexar en todo momento para que se axilizasen as xestións por parte da DXX  e  do  Ministerio,  presentando  escritos  e  reiterando  en persoa, a través dos responsables presentes nas mesas sectoriais, a  urxencia  da  súa  tramitación  para  poder incluír as 22 prazas consolidadas no vindeiro concurso de traslados. Ese traballo tivo agora os seus froitos e, nestes intres, o único que queda é que os responsables da Dirección Xeral de Xustiza leven a cabo o acoplamento e inclúan as vacantes no vindeiro concurso de traslado para o que xa lles solicitamos, a medio dos correspondentes escritos, que axilicen eses trámites o máximo posible e poder dese xeito sacar a concurso as vacantes.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.