A CIG convoca para este Primeiro de Maio 12 manifestacións que
percorrerán as cidades e principais vilas de Galiza baixo o lema “Contra a
pobreza. Emprego e salarios dignos”.
Fronte á propaganda do PP de que a crise está superada e de que todo vai ben, a realidade é que celebramos este 1º de Maio nunha situación de enorme dificultade para amplos sectores da clase traballadora galega. A situación só vai ben para aqueles que son os responsábeis desta crise económica, os banqueiros, os especuladores, os oligarcas españois amigos do PP.
Comentarios
Publicar un comentario