Ao alcalde de Arbo, Sr. Horacio Gil, pertencente ao Partido Popular e que se fixo coa alcaldía desta vila a través dunha moción de censura, botando ao anterior alcalde do BNG, Xabier Simón, non lle gusta a liberdade de información e, polo tanto non quere que os cidadáns desta vila se enteren, nesta campaña electoral, da privatización que o PP está a artellar do rexistro civil. Pois entón terá que explicarlles aos seus veciños como, cando morra un deles, terán que ir a Pontevedra a inscribilo e pedir permiso para enterralo ou, tamén, como aos pensionistas que cobran do estranxeiro e que necesitan unha fe de vida terán que desprazarse á capital da provincia para facer este trámite, ou para inscribir o nacemento dun novo veciño, etc..
Polo tanto, Sr. Alcalde de Arbo, deixe de defender ao seu partido político e defenda aos seus veciños e, non lles prive, xa non só dun servizo público fundamental que o seu partido quere privatizar, se non do dereito a informarse sobre esta cuestión.

Comentarios
Publicar un comentario