Como xa vos informaramos, na reunión celebrada en Madrid o día 28, o
Ministro de Xustiza anunciou aos sindicatos presentes na mesa Estatal de
Xustiza, entre os que estaba a CIG, que a a decisión que ten tomada o Goberno é
abandonar de xeito definitivo o proxecto de entrega do Rexistro Civil aos
Rexistradores da Propiedade. O ministro afirmou que non se trata dunha mera
paralización ou demora, senón que retiran definitivamente o proxecto
privatizador no que viñan traballando; para iso van modificar as disposicións
legais onde se mencionan aos Rexistradores e se prorrogará a entrada en vigor
da Lei 20/2011 polo menos ate a segunda metade do ano 2016.
Dende a CIG-Xustiza non podemos máis
que alegrarnos de ter obrigado, entre
tod@s, ao Goberno a retirar o Proxecto privatizador do Rexistro Civil, e isto
demostra que a loita e a presión do persoal de Xustiza e da cidadanía co apoio
sindical si son efectivas.
A CIG-Xustiza non cesará
na súa esixencia dun modelo de Rexistro
Civil público, gratuíto e servido polo persoal da Administración de Xustiza.
Comentarios
Publicar un comentario