Saltar ao contido principal

RETRÁSASE ATA O 15 DE SETEMBRO A PUBLICACIÓN NO BOE DO CONCURSO DE TRASLADOS

Con relación ao concurso de traslados ordinario anunciado con data 20-5-2015 (BOE 5-6-2015), entre funcionarios dos Corpos e Escalas de Xestión, Tramitación e Auxilio, modifícase a data de publicación da resolución provisional no Boletín Oficial do Estado, pasando a ser o 15 de setembro. Logo haberá dez días naturais como prazo de alegacións.
Os ficheiros coa adxudicación provisional do concurso, os Anexos III e a relación de excluídos colgaranse na páxina web do Ministerio de Xustiza na última semana de agosto.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.