No Diario Oficial de Galicia número 176, do 15 de setembro de 2015, publícase a Resolución
do 8 de setembro de 2015 pola que se convoca un curso medio de linguaxe
xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración da xustiza e
outros colectivos relacionados coa xustiza que presten servizos dentro
da Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais, finalizando o mesmo o vindeiro 25 DE SETEMBRO. Para formalizar a mesma deberedes de acceder á area de matrícula da EGAP que figura no enlace de abaixo.
Sobre calquera dúbida acerca do curso podedes contactar coa EGAP a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 62 46, o número de fax 981 54 63 39 ou o enderezo de correo electrónico: xestion.egap@xunta.es
Comentarios
Publicar un comentario