O Conselleiro adianta que a Xunta de Galiza se limitará a trasladar ao
persoal que dependa da Xunta de Galiza os contidos dos decretos
establecidos polo goberno español. A Mesa xeral que está convocada para hoxe día 15-09-2015 tan só abordará o pagamento do 25% da paga
extraordinaria adebedada do ano 2012; pagamento que , segundo palabras do
Conselleiro, podería ser efectivo no mes de novembro ou decembro deste
ano. Xunto a isto efectifizarase un dia de asuntos propios que se poderá
disfrutar este ano 2015.
1) En canto aos días adicionais de permiso e de vacacións por antigüidade, a Xunta de Galiza convocará negociación proximamente.
2) Avance orzamentos Xunta ano 2016: - Pagamento do 50% paga extraordinaria adebedada do ano 2012 e trasposición do contido dos orzamentos xerais do estado (1% subida salarial, taxas de reposición 100% servicios esenciais, 50% resto de servizos....) .
3) Non hai intención de recuperación de ningún dos recortes realizados pola Xunta de Galiza ao seu persoal (no noso caso o CAT), nin recuperación das extras completas, nin recuperación do 100% das retribucións en situación de IT dende o primeiro día, nin restitución da xornada laboral modificada a diferentes colectivos....
Lembrade que as políticas salariais ata o ano 2015, en canto a perda de poder adquisitivo das/os traballadoras/es das administracións públicas galegas, elévase a máis do 30% dende o ano 2010.
CIG Área Pública considera que o goberno da Xunta de Galiza e a súa administración está a realizar unha política de cara os servizos públicos que ven dominada polas instrucións que recibe do estado español, ignorando completamente cal é a realidade que esta a soportar e sufrir os seus servizos públicos, así como o persoal que depende da mesma.

Comentarios
Publicar un comentario