No DOG e no BOE de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2015, da
Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso de traslados
para a provisión de postos xenéricos vacantes no Instituto de Medicina
Legal de Galicia entre funcionarios do corpo de médicos forenses,
convocado pola Resolución do 10 de abril de 2015.
O cesamento no destino actual deberá producirse dentro dos tres días hábiles
seguintes ao da publicación da resolución do concurso no Boletín Oficial
del Estado.
O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días
naturais se non implica cambio de localidade do funcionario, de oito
días se implica cambio de localidade dentro da Comunidade Autónoma e de
vinte días se implica cambio de comunidade autónoma, a excepción da
Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma de Illes Balears,
Cidade de Ceuta e Cidade de Melilla, casos estes en que o prazo será dun
mes tanto se o posto de traballo é de orixe coma de destino. Cando o
adxudicatario da praza obteña coa súa toma de posesión o reingreso no
servizo activo, o prazo será de vinte días.
Ligazóns:
Comentarios
Publicar un comentario