Dende fai anos a CIG ven reclamando a mellora da aplicación informática de selección de persoal interino a fin de que a mesma conteña mellor información así como que a preselección, selección final e incidencias sexan comunicadas por outros medios (correo electrónico, sms, etc.). Estes días pasados a administración comunicou que lle fixo un "restyling" á intranet xudicial para facela "máis sinxela, ordenada e intuitiva" e non imos ser nós os que nos opoñamos a unha mellora (si e que ao final o é), pero o que non se pode estar a dicir constantemente e que hai que priorizar e entender que un "lavado de cara" da intranet é necesario e sen embargo desbotar a petición de adaptación e mellora do aplicativo de selección do persoal interino, máxime cando se leva tanto tempo solicitando.
Tamén aproveitamos para lembrarlle a administración aquel compromiso de tradución ao galego de todos os modelos de Minerva e a súa implementación en dito programa informático para poder facer uso indistintamente dos modelos en castelán ou en galego.
Ligazón escrito presentado pola CIG:
Comentarios
Publicar un comentario