Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL MADRID - 11-11-2015

Pouco ou máis ben nada se avanzou na xuntanza da Mesa Sectorial de Madrid do pasado 11-11-2015.
Parece ser que o Ministerio de Xustiza neste momento está só para atender a Catalunya.
En definitiva, entre as cuestións que se puideron  tratar, o Director Xeral dixo que descartan recuperar os tres días de asuntos propios a través das libranzas e que están dispostos a asinar un compromiso para que na primeira modificación lexislativa con rango de lei orgánica se recuperen do mesmo xeito que se fixo cos outros tres.
Co tema das IT seguen a falar con función pública para que lles autoricen equiparala á dos xuíces.
Seguen coa consolidación de prazas en territorio Ministerio e coa promoción interna.
Seguen a mirar con bos ollos unha nova regulamentación sobre substitucións (pero non mencionan as de xestión a letrados da admón. de xustiza e moito menos o pagamento do 100 % das mesmas).
E queren sacar unha nova orde de interinos para o territorio ministerio.
En fin fomos a Madrid para escoitar exactamente o mesmo que fai quince días pero sen avanzar en nada máis.
Ligazón nota informativa:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.