Saltar ao contido principal

ESPAÑA 4 – GALIZA 1 - A CIG NON ASINA UN ACORDO SEN FUTURO NINGÚN



Déronse por finalizadas xa as negociacións co Ministerio de Xustiza sobre a devolución dos dereitos confiscados polo Decretazo 20/2012. Daquelas contábannos na exposición de motivos que “parte de estas medidas tiene carácter temporal” e “se regula con carácter básico”... se facemos un pouco de memoria houbo comunidades autónomas que rexeitaron os extremos contidos no Decretazo e incluso tentaron pagar a extra, pero o Estado deixou todo ben atado para que fose de obrigado cumprimento.
Agora atopámonos coa chegada das eleccións, polo que o Goberno tenta lavar a súa imaxe coa restitución dalgún dos dereitos que xa eran nosos e que nos foron usurpados. Co argumento de que medidas durarían “mientras subsistieran las circunstancias económicas y financieras excepcionales” e coa suposta recuperación estannos a dar uns caramelos que non palían nin de lonxe o sabor amargo que nos deixaron.

A CIG participou e pulou para alcanzar un acordo coa administración ata o último momento, pero sempre defendemos como irrenunciábel para nós que a restitución de dereitos tivese exactamente o mesmo rango que a confiscación: regulamento básico para todo o Estado.

O resultado final foi que os sindicatos de ámbito estatal: CSIF, STAJ, CCOO e UGT, presentes na mesa, asinaron un acordo que no único que nos afecta directamente é no punto “CUARTO.- el Ministerio de Justicia se compromete con las organizaciones sindicales, a impulsar una modificación del tenor actual del artículo 503 de la LOPJ, en cuanto el calendario legislativo lo permita, con el propósito de recuperar su versión vigente con anterioridad a la promulgación de la Ley Orgánica 8/12”.

Ligazón nota informativa:

Ligazón acordo non asinado:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr