Saltar ao contido principal

POSIBLES PROBLEMAS COA CONFECCIÓN DE NÓMINAS

Debido a nova implantación dun programa de xestión de nóminas denominado "Breixo", o vindeiro mes haberá problemas na percepción de determinados conceptos retributivos tales como gardas, substitucións, saídas a centros penitenciarios, etc.). Polo tanto, segundo as informacións recollidas, só se percibirán aqueles conceptos retributivos fixos. 
A aquelas compañeiras/os que viñeron de fora neste último concurso tampouco lles poderán pagar os trienios que teñen recoñecidos, porque ao parecer non se puideron dar de alta os mesmos. Estes erros terán maior incidencia nas provincias de Lugo e Ourense. Na provincia de Pontevedra, a habilitación decatouse a tempo da problemática e posiblemente si poida pagar as gardas e, na Coruña, non está claro cal será tamén o alcance da implantación deste novo programa de nóminas.
En fin, no canto de cambiar para mellor facémolo para peor. É algo ao que nos ten acostumados a administración autonómica, o mesmo que o de sacar peito co funcionamento de Lexnet. 

Ligazón Orde de Confección de Nóminas:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.