Saltar ao contido principal

SI SE PODE MIGRAR A INFORMACIÓN DE "JUSTICIA.ES" A "XUSTIZA.GAL"

Onte, durante a celebración da mesa de seguimento sobre a implantación de Lexnet convocada polo "Ministerio de Justicia", esta central sindical interesouse pola supresión dos correos electrónicos corporativos co dominio “@justicia.es”.

O subdirector xeral de novas tecnoloxías, informounos dos motivos polos que se procede ó peche deste servizo.

Preguntado pola posibilidade de facer unha migración da información contida nesas contas ás novas, maniféstanos que é posible e que hai varias formas de facelo, cousa que o propio Ministerio fixo cando mudou o seu dominio, e comprometeuse a facilitar toda a información precisa para que se poida proceder a ese traslado de datos. Incluso están dispostos a prorrogar a desconexión da plataforma.

Vista a diferente información que reside nos correos corporativos (sobre todo nos dos Rexistros Civís) e ante as diferentes posibilidades amosadas para poder manter a información, instamos á Dirección Xeral de Xustiza e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) a que se poñan en contacto coa "Subdirección General de Nuevas Tecnologías del Ministerio de Justicia" para que de xeito automático se poida conservar a información almacenada nos correos de “@justicia.espara a súa migración a “@xustiza.gal”.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.