Hoxe, tivemos xuntanza todos os colectivos xudiciais
co Vicepresidente e Conselleiro de Xustiza e co Director Xeral na
Delegación de Vigo, para tratar o tema do proxecto da cidade da xustiza.
Segundo
o conselleiro, a finais de marzo pode estar definitivamente aprobada xa
a modificación do Art. 144 que posibilitaría, no caso de Vigo e sempre
que houbera proxecto básico, a licitación do proxecto e petición de
licenza para a construción do novo edificio xudicial ala para o mes de
xuño.
Dito
o anterior, o Conselleiro presentou unha alternativa novidosa que
pasaría pola rehabilitación do edificio do Hospital Xeral de Vigo e o
traslado de todas as dependencias xudiciais da rúa lalín a esa nova
ubicación, unha vez concluídas todas as obras de adaptación. Matizou que
habería que habilitar igual número de prazas de aparcadoiro que as
previstas para a rúa lalín e que en superficie sairía gañado o proxecto
cos seguintes datos e que tanto tecnicamente como economicamente era
viable a execución deste proxecto en 28-30 meses (máis aló de ter que
negociar o consentimento do Concello de Vigo no cambio de uso e da TXSS,
titular do edificio):
Proxecto e edificios da Rúa Lalín:
19.000 m2 os actuais edificios.
3.000 m2 80 prazas de garaxe no soto
62 prazas de garaxe en superficie
8.000 m2 edificio novo
197 prazas de garaxe
Proxecto Hospital Xeral:
36.700 m2 Torre do Hospital Xeral
12.600 m2 Anexo I
1.600 m2 Cafetería
Habería que prever a posibilidade de facer prazas de garaxe.
8.000 m2 Anexo II (Reservado para o Sergas PAC)
Comentarios
Publicar un comentario