Saltar ao contido principal

EN QUE SITUACIÓN QUEDAN E COMO REINGRESAN OS DE LIBRE DESIGNACIÓN

Segundo a interpretación que realiza a administración do Art. 507.2 da LOPX, as traballadoras/es de xustiza que opten por unha praza de libre designación quedarán na situación de servizo activo, sen reserva do posto de traballo que viñan desempeñando ata ese momento.
O reingreso, tras o cese ou a renuncia a unha praza de libre designación, levarase a cabo segundo o previsto no Art. 62 do regulamento de provisión de postos, adscribíndose provisionalmente ao funcionario a unha praza do mesmo municipio que, segundo a interpretación da administración, é o municipio onde acaba de cesar no posto de libre designación. Así mesmo, gozarán de DEREITO PREFERENTE, no primeiro concurso de traslados que se convoque desde o seu cesamento, para ocupar praza na mesma localidade na que servían, e dicir, na localidade onde acaban de cesar ou renunciar á praza de libre designación. 
Con todo isto queremos dicir que, se a algunha compañeira/o de xustiza, sen ningunha antigüidade, lle adxudicaran, por exemplo, unha praza de libre designación en Ourense, no momento do seu cesamento ou renuncia non só sería reingresado provisionalmente en Ourense, se non que gozaría de dereito preferente, no primeiro concurso que se convoque, para obter praza definitiva nesa vila.  Ao xestores que substitúen a secretarios, en cambio, adscríbenos provisionalmente e segundo o Art. 70 do regulamento lle dan preferencia na localidade onde tiñan o seu destino como xestores antes de ser nomeados substitutos e, sen embargo nunha libre designación (que son prazas dadas a dedo) gozan de preferencia na localidade na que obteñen ese posto de libre designación.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr