Saltar ao contido principal

XUNTANZA CO ALCALDE DE VIGO SOBRE A CIDADE DA XUSTIZA

No día de onte, a xunta de persoal foi convocada polo alcalde de Vigo, Sr. Abel Caballero, para coñecer o noso parecer sobre a idea exposta fai dúas semanas polo Conselleiro de Xustiza, en relación co traslado das sedes xudiciais ao edificio do antigo “Hospital Xeral de Vigo” unha vez este fora rehabilitado. 
Pola nosa banda se lle trasmitiu ao alcade as nosas inquedanzas e incertezas sobre a nova idea prantexada, que supón un xiro de 180 graos na configuración da cidade da xustiza. Entre outras cousas lle indicamos que non existía (ou cando menos nós non os tiñamos no noso poder) os informes técnicos que avalaran e auditaran o estado do edificio (que ten unha antiguidade de 60 anos) e que polo tanto, falar dun proxecto de rehabilitación da embergadura do que se está a prantexar, sen este tipo de informes, resulta moi complicado; lle indicamos tamén que o proxecto da rúa Lalín xa estaba moi consolidado ainda que levaba varios anos de retraso e agora incluir un novo proxecto para outra zona produciría un incremento deses tempos; outra das cuestións que se trasladou ao alcalde foi a mobilidade que se vai provocar no persoal, xa que unha maioría ten establecida a súa vida nas zonas próximas aos actuais centros de traballo, así como tamén a problemática pola falta de prazas de aparcadoiro na zona do entorno do “Hospital Xeral”; finalmente tamén se lle transmitiu o feito de que o novo proxecto poderia levar un orzamento moi superior ao que sería o da rúa Lalín, nunha época na que aínda seguen os recortes (curiosamente o goberno autonómico segue a reternos un importe equivalente a unha paga extra -e imos para catro anos- e non ten reparo en gastar máis cartos no proxecto da cidade da xustiza).
Para a alcaldía sen embargo esta idea do traslado das dependencias xudiciais ao edificio do “Hospital Xeral” (como a outros colectivos) lle resulta realmente atractiva. En principio a Xunta vai a asumir todos os custes da rehabilitación polo que a cidade de Vigo non ten que aportar nin un euro ao proxecto. Por unha banda obten posiblemente dous edificios para dotacións culturais e de servizos, nun barrio moi poboado como Coia, e a posibilidade de facer a biblioteca nacional nos terreos expropiados; isto último levaríase a cabo ao mesmo tempo que a rehabilitación do “Hospital Xeral”, co que unha vez abandonada a zona polo persoal de xustiza a mesma non perdería a súa vitalidade, pois xa estaría funcionando a nova biblioteca e só quedaría adaptar os edificios aos novos servizos ou dotacións que se prevean nos mesmos. Por outra banda, dase unha solución integral e de futuro ás dependencias xudicias radicándoas no centro de Vigo, cunha superficie moi ampla, cunhas comunicacións boas, con moitas liñas de autobús e a tan só a un par de quilómetros do seu actual emprazamento. O alcade asegurou que ia solicitar a sinatura dun convenio a tres partes (Concello, Xunta e TXSS) para abordar o proxecto e asegurar a financiación e, se isto non se producía nun prazo prudencial (como moito seis meses), habería que retomar o plan inicial da rúa Lalín. Pola nosa banda, finalmente, incidimos en que a casa non se pode empezar polo tellado e que o primeiro que hai que ter e a auditoría completa do estado do edificio antes sequera de falar de elaborar ningún proxecto nel, e que neste momento todo o mundo esta falar do proxecto e a montar castelos no aire, pero carecemos desa documentación fundamental, polo que xa a solicitamos da consellería e mesmo xa contactamos coa facultade de arquitectura da Coruña para que fora o deparartamento de análise de estructuras da mesma a que, a petición da Xunta, fixera esa auditoría completa e independente do estado do “Hospital Xeral” e da súa proxección cara ao futuro

Ligazón escritos pedindo informes técnicos:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.