As solicitudes de substitución serán cumprimentadas de acordo co anexo II bis
dispoñible no apartado adicado ás substitucións entre titulares da intranet xudicial. Neste novo anexo habilítase a posibilidade de
solicitar máis dunha das prazas que se oferten, e a orde na que se
soliciten, será a que se teña en conta como orde de preferencia para o
caso de corresponderlle á persoa máis dunha das prazas.
A remisión das solicitudes feitas polo persoal solicitante remitirase a través dalgunha das seguintes canles:
A remisión das solicitudes feitas polo persoal solicitante remitirase a través dalgunha das seguintes canles:
o Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.es
o Fax: 981546222
o Fax: 981546222
A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou do correo
electrónico enviado, e non será preciso achegar documentación
acreditativa algunha xunto coa petición, xa que de ser precisa será
requerida pola Dirección Xeral.
Logo da revisión das peticións recibidas na Dirección Xeral,
publicarase na intranet xudicial unha resolución na que se indicarán os
nomes das persoas adxudicatarias e a data de efectos das súas
substitucións.
Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos /ás adxudicatarios/as, sendo comunicados, á súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.

Ligazón Solicitude Substitucións Anexo II bis:
Comentarios
Publicar un comentario