Saltar ao contido principal

ULTIMATUM AO DIRECTOR XERAL SOBRE A REGULAMENTACIÓN DAS BAIXAS POR ENFERMIDADE




Os Sindicatos con representación na Mesa Sectorial de Xustiza de Galicia SPJ-USO,AXG-CUT,UGT,CIS-F,STAJ e CIG, ante o “desprezo” demostrado polo Director Xeral de Xustiza, presentámonos sen aviso no despacho do Director Xeral de Xustiza o pasado día 23 de Xuño para esixirlle;
A). A equiparación directa da normativa sobre descontos por Incapacidade entre os funcionarios de Xustiza de Galicia e os do Ministerios Xustiza, Navarra, Aragón, Maxistrados e Fiscais.


  • Non é asumible, entre outra cousas, que os funcionarios de xustiza de Galicia suframos descontos do 50% do soldo por as enfermidades recollidas no R.D 2210/1995: Gripe,Hepatite A, B, Vírica e Outras, Sarampelo, Tos Ferina, Varicela........E así ata alcanzar 38 enfermidades de declaración obrigatoria segundo o Ministerio de Sanidade.
  • Non é asumible que teñamos descontos pola interrupción voluntaria do embarazo no primeiro trimestre de xestación por indución farmacolóxica e polos procesos de incapacidade temporal iniciados durante os tratamento mediante técnicas de reprodución asistida.
B). Negociación normativa de Substitucións que recoñeza o dereito dos traballadores a cobrar o 100% do Soldo. “A igual traballo, igual retribución”.

  • Denunciamos as decisións “caprichosas” da Subdirección Xeral de Xustiza con respecto ás Substitucións (publicando substitucións con lle da a gana, ou facendo interpretacións da normativa “a gusto”)

C). Negociación das formulas de devolución aos funcionarios de Xustiza das cantidades pendentes de abono por parte da Xunta de Galicia e confirmación de que os funcionarios de Xustiza non teremos descontos no CAT do ano 2017.
O Director Xeral aceptou convocar unha Mesa de Negociación para o mes de Xullo para tratar todos estes temas. Os Sindicatos xa adiantamos que non aceptaremos negociar a normativa de Incapacidade Temporal (I.T). Queremos unha normativa idéntica a dos funcionarios de Territorio Ministerio, Aragón, Navarra, Xuices e Fiscais.

Tamén adiantamos ó Director Xeral que a non equiparación dos funcionarios galegos aos funcionarios de Territorio Ministerio provocaría medidas a partir do mes de setembro.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr