Incautos de nós só se nos ocorre, no seo da Xunta de Persoal de Pontevedra, a idea de denunciar á Consellería de Vicepresidencia, Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza polo intento de realización dun acto que considerabamos electorarista, como era o de publicitar, en plena campaña electoral, o gañador do proxecto da Cidade da Xustiza de Vigo, escudándose en que se trataba dun procedemento administrativo e que se tiña que cumprir coa data fixada para este acto antes sequera da convocatoria das eleccións autonómicas. As represalias non se fixeron esperar e a Subdelegacion do Goberno en Pontevedra denegou a petición da comunicación dunha concentración (nin tan sequera manifestación) das traballadoras/es da administración de xustiza en Vigo e en Pontevedra, escudándose no prazo de comunicación, cando en ningunha ocasion anterior, a pesares de tampouco cumprir con ese prazo, se nos denegou nunca un acto deste tipo.
A administración autonómica actuou deste xeito (eles dirán que non, que a Subdelegación do Goberno e un órgano da Admón. do Estado e perfectamente independente para tomar as súas decisións), porque a Xunta Electoral Local de Vigo estimou o nosa denuncia e adiou a data de presentación dos proxectos a un momento temporal posterior á celebracion das eleccións, ao non causarse ningún prexúizo ao interese público xeral. Lonxe de aceptar que se tiñan "columpiado" recorreron dita decisión ante a Xunta Electoral Provincial e, nesas estamos neste momento, gastando recursos da administración autonómica para conquerir acadar a posibilidade de colgarse unha medalla, cando nos catro anos anteriores a estas eleccións non se fixo nada pola cidade da xustiza.
Ligazón escrito de denuncia inicial:
Ligazón acta Xunta Electoral Local de Vigo
Ligazón escrito de recurso Xunta:
Ligazón contestación recurso Xunta de Persoal:
Comentarios
Publicar un comentario